Atletismo Afflelou Narón

  • Pasar a contenido
  • Ir a la navegación principal y al acceso.

Ver búsqueda de navegación

Navegación

  • Inicio
  • Atletas
  • Multimedia
  • Narón Runners
  • Escolas de Atletismo
  • ¿Quen somos?

Buscar

Logo
Inicio

  Últimos Avisos

Estamos a completar as fotos que faltan nas fichas dos atletas. Se aínda non tes unha foto posta ou queres cambiar a que tes por outra máis actual, podes mandala ao correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

  • Inicio
  • Atletas
  • Multimedia
  • Foro
  • Narón Runners
  • Escolas de Atletismo
  • Colaboradores
  • Clubs asociados
  • ¿Quen somos?
  • Acceso

Santiago García e María Abeledo, convocados coa Selección Galega

Detalles
Publicado o Mércores, 22 Febreiro 2012 21:36

A Federación Galega de Atletismo facía oficial no día de hoxe as seleccións galegas para o Campionato de España de Campo a Través Individual e por Autonomías e para o Campionato de España de Federacións Autonómicas Cadete e Junior de Marcha en Ruta. O atleta do Club Atletismo Afflelou Narón Santiago García está convocado para participar co equipo de categoría promesa para a primeira competición, que terá lugar o vindeiro 4 de marzo en Gijón [Selección Campo a Través]. Por outro lado, María Abeledo estará ese mesmo día en Pontevedra coa selección galega cadete para a disputa do segundo campionato [Selección Marcha en Ruta]. Noraboa ós dous, e moita sorte !

 

Resultados Fin de Semana

Detalles
Publicado o Domingo, 19 Febreiro 2012 17:10

O pasado venres 17 tiña lugar en Ferrol, nas pistas de A Malata, un Control de Marcas ao que asistiron numerosos atletas do club. Por parte dos homes, os nosos atletas foron: Xoán Díaz 9"19 (MMP) en 60ml; Pedro Osorio 9"21 en 60ml, 22"27 (MMP) en 150ml e 1'30"12 en 500ml; José Pena 7"47 en 60ml (+1,1 m/s) e 24"49 en 200ml (+1,4 m/s); competiron tamén nos 200 ml Eulogio Cao 27"32 (+0,8 m/s, MMP) e Óscar Lorenzo 27"83 (+1,4 m/s, MMP), facendo ambos o seu debut na distancia; Alejandro Romero, 7"84 en 60ml (+1,1 m/s) e 5,53 metros en lonxitude (+1,8 m/s), retirándose novamente lesionado nesta última proba; Dorindo Pérez 1'42"03 (MMP) en 600ml; Sergio Piñón 4'13"54 en 1500ml. Entre as mulleres: Míriam Otero con 8"55 (MMP) en 60ml, 20"65 (MMP) en 150ml e 1'34"65 en 500ml; Irene Mera 9"59 en 60ml e 1'35"69 en 500ml; Carmen Pena 8"50 e Sonia Beceiro 8"79 en 60ml, nunha serie con vento ilegal de +4,3 m/s; Patricia Castro 1'20"69 en 400ml; e por último, na carreira de 1500ml, Sara Jove 5'43"52 (MMP), Susana Serantes 5'50"07 e Ana Fernández 6'51"40 (MMP, no seu debut como atleta do Afflelou Narón) [Resultados Ferrol].

Á parte do control, participaron tamén outros atletas do club fóra de Galicia: José Martínez competía nos 400 metros lisos do Campionato de Eskadi Absoluto de Pista Cuberta, en Donostia, no que cun extraordinario tempo de 50"15 conseguía mellora-la súa mellor marca persoal e deixar unha sensación moi optimista de cara ás competicións ao Aire Libre [Resultados Donostia]. Jorge Berná participaba no Campionato Autonómico Absoluto de Castilla y León de Pista Cuberta, en Valladolid, no que cun salto de 1,86 metros conseguía o sexto posto en altura, facendo tamén mellor marca persoal [Resultados Valladolid]. Por último, Jorge Castaño competía no Campionato de Madrid de Lanzamentos de Inverno (Martelo), en Tajamar, no que no seu primer e único intento válido mandou o artefacto ata uns interesantes 42,68 metros, mellorando 3 metros a súa anterior marca da tempada [Resultados Tajamar].

Noraboa a todos por estes fantásticos resultados!

 

Resultados do Campionato de España de Campo a Través por Clubs

Detalles
Publicado o Domingo, 19 Febreiro 2012 15:57

Hoxe, domingo 19, celebrábase en Oropesa del Mar (Castellón) o XLVII Campionato de España de Campo a Través por Clubs. Na distancia de Cross Largo, os atletas do Otsu-Colibrí Guadalajara facíanse co título de campións de España en homes, seguidos do A.D. Marathon e do Atletismo Bikila. En categoría femenina o mellor equipo foi o Atletismo Santutxu, co A.D. Marathon repetindo o segundo posto dos homes e o F.C. Barcelona completando o podio. Na distancia de Cross Curto, o F.C Barcelona remataba primeiro en homes, sendo segundo o Universidad Oviedo e terceiro o Playas de Castellón, mentres que no apartado femenino as campionas eran as atletas do Piélagos Inelecma, seguidas do Oviedo At. e o Bidezabal Atletismo.

Por parte do Club Atletismo Narón, as mulleres, que competían na categoría cadete, remataron no posto 33 entre os clubs participantes, cunha puntuación final de 333 puntos. María Abeledo 79ª,conseguiu o mellor posto das nosas atletas, seguida de Inés Vázquez (98ª), Sara Guerrero (156ª), Sara Fernández (238ª) e Vanesa Cao (240ª).Por outro lado, o noso equipo de cross curto masculino remataba 35º, con Francisco Díaz (atleta do noso filial Club Atletismo Coruña Comarca) entrando 98º, por diante de Jorge Rodríguez (143º), Diego Barreiro (160º), Santiago García (191º) e Daniel Martín (211º).

Resultados

 

José Martínez: "Este año estoy muy motivado"

Detalles
Publicado o Venres, 17 Febreiro 2012 00:07

O pasado mércores 15 de febreiro José Martínez foi entrevistado no programa de radio "Voz Atleta", con Víctor Herrero e Paco Cuadrado, onde o podemos escoitar falar de numerosos temas como o seu tardío inicio no atletismo, a súa recente fichaxe polo Club Atletismo Afflelou Narón, as súas aspiracións para esta tempada, a súa afición a outras actividades deportivas etc. Podedes escoita-la entrevista enteira neste enlace.

Como comentan na entrevista, Pepe foi admitido pola Federación Vasca de Atletismo para participar no "Campeonato de Eskadi Absoluto y Veteranos de Pista Cubierta" na proba de 400 metros lisos, que terá lugar o vindeiro sábado 18 en Donostia. Dende aquí queremos desexarlle moita sorte na competición, e aproveitamos a ocasión para mandarlles ánimo tamén aos atletas que representarán tamén este fin de semana ao Afflelou Narón no "XLVII Campeonato de España de Campo a Través por Clubes" (María Abeledo, Vanesa Cao, Sara Fernández, Sara Guerrero e Inés Vázquez en categoría cadete e Diego Barreiro, Jorge Rodríguez, Daniel Martín, Santiago García e Francisco Díaz [C.A. Coruña Comarca] no de cross curto).

 

José Martínez, 22"71 en 200ml

Detalles
Publicado o Luns, 13 Febreiro 2012 19:02

O pasado sábado 11 disputábase a II Jornada do XVIII Campeonato de Cantabria de Invierno nas pistas de La Albericia (Santander), onde o atleta do Club Atletismo Afflelou Narón José Martínez conseguía unha interesante marca de 22"71 nos 200ml, cun vento a favor de 1,8m/s. Pese ao frío co que se disputou a competición, a marca de Pepe (a mellor da tempada) mostra o seu bo estado de forma e anima a continuar por ese camiño para seguir mellorando.

Resultados

 

1 ouro, 1 prata e 2 bronces para o Afflelou Narón en Riazor

Detalles
Publicado o Luns, 13 Febreiro 2012 01:34

O domingo 13 celebrábase no Pazo dos Deportes de A Coruña o Campionato Galego Cadete de Pista Cuberta, ademáis dos 3000 metros lisos do Campionato Galego Absoluto e diferentes probas englobadas nun control de marcas. Antes que nada temos que destacar a consecución dun novo Récord Galego Absoluto en lanzamento de peso masculino por parte de Víctor Gallego. O atleta da Sociedade Gimnástica de Pontevedra, co seu lanzamento de 17,13 metros, sobrepasou por primeira vez a barreira dos 17m e conseguiu mellorar o rexistro de 16,82m en poder de Óscar Fernández (CDU) dende o 2001.

No referente á proba dos 3000 metros lisos do Cto. Absoluto,  gran actuación dos nosos atletas, conseguindo a prata Santiago Rodríguez (8'53"52) e o bronce Sergio Piñón (8'59"71). No apartado femenino, Eva Teijeiro finalizou 6ª con 12'43"00, mentres que Susana Serantes entrou detrás dela cunha nova mellor marca persoal de 12'43"84.

Por parte dos nosos cadetes, salientá-la medalla de ouro conseguida por María Rodríguez en lanzamento de peso, que nun concurso moi regular acadou os 10,04m; ademáis María sobrepasou a súa marca persoal en 50cm, tendo agora aproximadamente un mes para conseguir mellorar outros 46 centímetros que suporían a marca mínima esixida pola RFEA para participar no Campionato de España Cadete de Pista Cuberta. Destacar tamén o terceiro posto e polo tanto medalla de bronce conseguida por Inés Vázquez na proba dos 600ml, cun tempo de 1'47"30. Competiron tamén no campionato cadete Alba González en peso (11ª con 7,11 metros) e Sara Fernández en tres saltos: lonxitude (4,35 metros, MMP e 6º posto), triplo (9,25 metros, MMP e 7ª posición) e altura (1,29 metros, acabando en sétimo lugar).

Por outra parte, o atleta do Club Atletismo Afflelou Narón Aarón Soto competiu no control de marcas na proba de lanzamento de peso, onde conseguiu lanzar 12,00 metros.

Resultados

 

Máis Artigos...

  1. Boas actuacións no Campionato Provincial Escolar de Campo a Través
  2. Resultados do Campionato de España Promesa de Pista Cuberta
  3. Bolsas para deportistas 2012
  4. Campionato Galego Cadete de PC e Absoluto de 3000ml
  5. Campionato de España de Clubs de Campo a Través 2012

Páxina 1 de 9

  • Iniciar
  • Previo
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • Seguinte
  • Fin

Competicións

Galerías

  • L Trofeo Joaquín Romero (05/02/2012)
  • Campionato Galego Absoluto de Pista Cuberta (28/01/2012)
  • Cto. Galego Cross, Ourense (15/01/2012)
  • I Cross Gándara Décimas (08/01/2012)
  • I Combinadas Navideñas de Río Seco (21 e 26/12/2011)

Deseñado e desenvolto por Fran Romero Porta coa colaboración de Alex Romero Porta (Joomla!®)