A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Emilio Novás, novo campión galego júnior!

A Pobra do Caramiñal acolleu este sábado o Campionato Galego de Marcha en Ruta, onde tomaron parte varios atletas do Club Atletismo Narón. A clasificación máis destacada dos nosos foi a de Emilio Novás, quen cun tempo de 48'43" nos 10km acadou o título de Campión Galego Júnior e foi ademáis 6º na clasificación absoluta. Pola súa parte, Sara Santiago rematou os 5km cun rexistro de 34'39" (MMP) no seu debut na distancia, o que lle valeu unha meritoria 9ª posición na categoría cadete. Noraboa a ambos! [Resultados A Pobra]