A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Emilio Novás, convocado coa Selección Galega

A Federación Galega de Atletismo publicou onte a circular co listado de atletas que representarán a Galicia no Campionato de España de Marcha en Ruta, a celebrar o vindeiro 28 de febreiro en Motril (Granada). Entre os atletas de categoría xuvenil/júnior destacamo-la presencia do noso atleta Emilio Novás, flamante campión galego nos 10km en ruta o pasado sábado en A Pobra do Caramiñal, que comartirá equipo con Brais Prieto (At. Celta de Vigo), Héctor Rodríguez (Lugo Running Club) e Daniel Chamosa (Playas de Castellón). [Circular]

Ademais, xunto á expedición, na que tomarán parte os equipos cadete e xuvenil/júnior tanto en homes coma en mulleres, viaxará como delegado federativo o noso marchador Carlos Morales, nomeado recentemente novo Responsable Galego do Sector de Marcha Atlética. Moita sorte a todos e a desfrutar do campionato!