A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Noa Romero e Alba Pena, novas medallistas autonómicas

Ademais do Octogonal de Ascenso do Campionato de España de Clubs de Segunda División onde tomaron parte o domingo os nosos rapaces do equipo masculino absoluto, o pasado fin de semana houbo algunha competición máis no ámbito autonómico con representación do club.

Comezamos repasando os resultados da III Xornada Circuíto Coruña Corre en Pista que tivo lugar o venres 9 nas Pistas do INEF en Bastiagueiro, onde tivemos a dous atletas: Javier García, que correu os 100ml nun fantástico tempo de 10"98 (+1'8m/s, MMP), conseguindo por primeira vezna súa vida baixar dos 11 segundos no hectómetro; e a infantil María Heras, que no triplo salto realizou unha mellor tentativa de 8'60m (+0'4m/s). [Resultados Bastiagueiro]

Continuamos coa VI Xornada do II Circuíto Concello de Vigo de Atletismo en Pista, celebrado en Balaídos o sábado 10, no que Jorge Rodríguez conseguía a súa mellor marca do ano no lanzamento de martelo con 37'08m. [Resultados Vigo]

Xa o domingo, chegaba o turno para os máis pequenos durante o Campionato Galego Benxamín, Alevín e Infantil en Pista ao Aire Libre, onde conseguimos un total de 2 medallas, 10 postos de finalista e 8 novas marcas persoais. A actuación completa dos nosos atletas foi a seguinte:

BENXAMÍNS:

-Club Atletismo Narón

  • Noa Romero, Campiona Galega de lanzamento de peso (1kg) con 7'58m (MMP) e 5ª no lanzamento de pelota (200g) con 15'47m.
  • Alba Pena, Subcampiona Galega nos 1000ml tras para-lo crono en 3'51"54.
  • Nadia Brañas, 4ª clasificada na final de altura cun salto de 1'04m e 12ª nos 500ml con 1'47"44.
  • Gael Varela, 5º nos 1000ml cun gran tempo de 3'37"46 (MMP).
  • Noa Souto, 6ª en salto de lonxitude cun mellor intento de 3'32m.
  • Noa Ardao, 10ª nos 1000ml con 4'13'37" (MMP).
  • Paula Mouzo, 14ª nos 50ml cun tempo de 8"4 M (=MMP).
  • Rubén López, que desgraciadamente foi descalificado no 1km marcha despois de entrar en meta primeiro, ao sumar ata catro faltas durante a carreira.

ALEVÍNS:

  • Juan Daniel Grandal, 10º en lanzamento de peso (2kg) con 7'44m.
  • Ángel García, 12º tamén no concurso de peso (2kg) con 7'16m.
  • Marta Ventura, 13ª nos 60ml con 9"61; 14ª nos 500ml cun tempo de 1'41"46.

INFANTÍS:

  • María Heras, 4ª nos 80mv (0'762m) cun rexistro de 14"84 (+0'0m/s, MMP) e 5ª en triplo salto con 9'02m (+0'0m/s).
  • Javier Rodríguez, 5º na final de lanzamento de peso (3kg) cun mellor intento de 8'83m (MMP) e 12º en xavelina (500g) con 18'41m (MMP).
  • Sergio Soto, 8º nos 3000ml con 11'26"92 (MMP).
  • Nerea Freire, 14ª no triplo salto con 8'20m (+1'6m/s).
  • Laura Rodríguez, 16ª nos 1000ml cun crono de 3'49"86. [Resultados Vigo]

Por último, e deixando de lado o atletismo en pista, o mesmo domingo José Luís Bouza tomaba parte na I Carreira Popular Praia de Miño, na que conseguíu un sensacional 9º posto (1º no seu rango de idade veterano) tras completa-los 10km da proba cun tempo de 39'22". [Resultados Miño]