A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Tres metais para Ferrer e un para Tuimil no nacional veterano!

O pasado fin de semana tivo lugar o LII Campionato de España de Veteranos en Elche, onde o noso lanzador Carlos Ferrer deixou claro que nesto dos lanzamentos poucos lle andan á zaga a nivel nacional e volveu da cidade alicantina cun Récord Galego veterano (disco) e tres Medallas de Prata no peto (disco, martelo e martelo pesado) ademáis de dous postos máis de finalista (peso e xavelina). Sen dúbida se desquitou da súa ausencia no autonómico por motivos laborais. Xunto a él estivo Roberto Tuimil, que como capitán do equipo e atleta sempre disposto a botar unha man nas competicións por clubs a pesar do escaso tempo que pode adicar aos adestramentos, este ano decidíu facer un pequeno esforzo máis e intentar acudir aos campionatos nacionais de categoría veterana, nos que non había participado ata o momento. E vaia se lle saíu ben a aventura: tra-lo seu terceiro posto nos 60mv en Pista Cuberta o pasado mes de Marzo en Madrid, este fin de semana o naronés facíase de novo coa Medalla de Bronce, nesta ocasión nos 110 metros valos, ademais doutro posto de finalista nos 400mv e un posto de semifinalista no hectómetro. [Resultados Elche]

O noso capitán, Roberto, á dereita no que é o seu segundo podio nacional da presente tempada. Parabéns!

As actuacións completas dos nosos atletas foron as seguintes:

  • Carlos Ferrer, categoría M55: Subcampión de España en disco [1'5kg] con 38'49m (que supoñen un Novo Récord Galego da categoría), a escasos 13cm do primeiro na clasificación; Subcampión de España en martelo [6kg] con 42'17m; Subcampión de España en martelo pesado [11'34kg], cun mellor intento de 14'18m; 6º clasificado en lanzamento de peso [6kg] con 10'10m; e 6º clasificado en xavelina [700g] con 36'35m.
  • Roberto Tuimil, categoría M40: Medalla de Bronce nos 110mv [0'991m] con 18"20 (-3'0m/s); 8º clasificado nos 400mv [0'914m] cun gran tempo de 1'05"38; e 5º clasificado na Semifinal 3 (obtendo o 15º posto no campionato) dos 100 metros lisos cun rexistro de 13"08 (-0'9m/s).

Sodes fantásticos, rapaces. Seguide así!