A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Boas actuacións dos nosos xuvenís en Getafe

O pasado fin de semana celebrábase o Campionato de España Xuvenil en Pista ao Aire Libre en Getafe, onde o noso club presentábase cun total de catro atletas, que a pesar de realizar todos actuacións máis que dignas e estar preto das súas marcas, non viron recompensado o seu traballo e volveron para a casa sen ningún posto de finalista. [Resultados Getafe]

A súa actuación completa foi a seguinte:

  • Alex Novás, que no seu debut nos 10.000 metros Marcha en pista entrou nunha meritoria 12ª posición cun tempo de 50'56"46 (MMP).
  • Xoán Díaz, que entraba 5º na Semifinal 1 dos 200ml con 22"90 (-0'5m/s) tras ser 3º na rolda anterior con 23"15 (-2'0m/s). O velocista non conseguiría colarse entre os oito mellores para entrar na final, obtendo finalmente o 14º posto no campionato.
  • Demba Sanyang, 6º na Semifinal 2 dos 400ml cun tempo de 52"29, clasificándose na 15ª posición global e non puidendo optar, por tanto, á final.
  • Manuela Castro, 7ª na Semifinal 1 dos 400ml con 1'01"43, obtendo a 27ª praza no campionato.