A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Resultados Fin de Semana: Pontevedra, Bilbo e Cee

Ademais dos campionatos nacionais veterano e xuvenil, o pasado fin de semana tivemos a varios atletas máis noutras competicións de menor nivel. Comezamos repasando os resultados dos nosos no Campionato Galego Júnior e Promesa en Pista ao Aire Libre, que tivo lugar o sábado 24 nas Pistas do CGTD en Pontevedra. Os cinco atletas presentes realizaron unha brillante actuación, finalizando cun total de 5 posicións de podio (aínda que unha soa medalla) e sete postos de finalista. [Resultados Pontevedra]

A actuación dos atletas do club foi a seguinte:

 PROMESA:

  • Faisal Dauda, que a pesar de non poder optar ao podio pola súa condición de estranxeiro (Artigo 2 da circular), conseguía clasificarse 1º no lanzamento de peso con 11'51m, 2º no lanzamento de disco [2kg] con 39'02m e 2º no lanzamento de martelo [7'260kg] con 41'29m. Fantástica actuación!
  • Elvis Rondón, que na mesma condición de estranxeiro que Faisal, non levou medalla pero foi 3º no salto de lonxitude cun mellor intento de 6'10m (+0'0m/s) e 5º empatado nos 200ml con 22"90 (+1'2m/s, MMP).

JÚNIOR:

  • Míriam Otero, que a pesar de levar mes e medio sen pisa-las pistas polos estudos, logrou facerse coa Medalla de Bronce nos 200ml cun tempo de 27"06 (+0'7m/s). Parabéns!
  • Inés Doce, que conseguíu unha meritoria 6ª posición nos 400mv [0'762m] cun rexistro de 1'16"50.
  • Irene López, 9ª no salto de lonxitude cunha mellor tentativa de 4'01 (-0'4m/s), nun concurso desafortunado no que foi o seu único salto válido.

Salienta-la baixa no campionato de Iago Pazos, un dos favoritos na proba de lanzamento de xavelina promesa, que arrastra unhas molestias no cóbado dende o octogonal de ascenso de Salamanca e preferíu non tomar parte no campionato por precaución. Ánimo, que aínda queda tempada para atacar eses 60 metros!

Un pouco máis lonxe da casa, o velocista Ricardo Suárez tomaba parte o mesmo sábado na XVII Reunión Internacional de Bilbao, onde finalizaba os 100ml cunha boa marca de 11"05 (+1'6m/s), demostrando a súa regularidade na proba esta tempada. [Resultados Bilbo]

Para finalizar, ese mesmo dia celebrábase a IV Carreira Pedestre Concello de Cee, onde Martín Regueira remataba a carreira de 3'4km Contra o Cancro nunha fantástica 2ª posición cun tempo de 11'05". [Resultados Cee]