A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Resultados: Pontevedra, Ferrol, Vigo e A Coruña

Comezamos repasando os resultados das últimas semanas coa participación dos nosos atletas na III Xornada XXX Trofeo Froiz celebrada o xoves 29 de xuño en Pontevedra.Ata alí se achegaron o pertiguista Carlos Montero, que sobrepasou os 4'12m, non puidendo supera-los 4'22m, que suporían unha mellor marca persoal e un novo récord do club; Faisal Dauda, que mandou o disco de 2kg a 39'37m para facerse coa victoria no concurso; e Carlos Ferrer, que nesta mesma proba lanzou o artefacto até os 30,69m. [Resultados Pontevedra]

O venres día 30 as Pistas de A Malata, en Ferrol, acollían o XV Memorial Ramón Peña, competición que coma case sempre deixou de lado os concursos para centrarse única e exclusivamente en probas de mediofondo e velocidade lisas. No trofeo tomaron parte Demba Sanyang nos 100ml, que entrou en 11"69 (+2'6m/s); Juan Daniel Grandal, que foi 5º nos 500ml alevíns cun tempo de 1'56"75; Irene Vázquez, que na mesma proba e categoría melloraba en máis de seis segundos o seu manterior rexistro e entraba 4ª con 1'44"73 (MMP); e Antía Arnoso, que era 3ª nos 500ml benxamíns cun bo tempo de 1'46"86. [Resultados Ferrol]

Xa o sábado día 1, Rubén Martínez baixaba ata a Pista de Atletismo de Balaídos para participar no 38º Gran Premio Cidade de Vigo, conseguindo unhas marcas de 11"81 (+1'0m/s) nos 100ml e de 6'44m (+1'1m/s) no salto de lonxitude. [Resultados Vigo]

Para remata-la semana, o domingo A Coruña acollía a X Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma, carreira de 6490m na proba absoluta onde Rebeca Soto entrou na 5ª posición entre as mulleres (4ª na súa categoría) cun tempo de 30'53". Entre as categorías menores, estiveron Alba Pena e Noa Souto nos 800m benxamíns, nos que remataron 2ª e 4ª, respectivamente. [Resultados A Coruña]