A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Últimos Resultados: Pontevedra, Vigo e Granollers

O pasado venres día 7 varios dos nosos atletas achegáronse ata Pontevedra para disputa-lo Aberto Pontevedra 2017 - V Xornada Circuíto en Pista: No salto de lonxitude, Rubén Martínez tivo que conformarse esta vez cun mellor intento de 6'05m (-0'6m/s), tras dispoñer de só tres intentos durante o concurso; David Martínez animábase a participar por primeira vez este ano no lanzamento de peso, onde conseguiría a mellor marca do club da presente tempada con 12'82m; nese mesmo concurso participaba Faisal Dauda, que lanzou o artefacto até os 11'57m, competindo tamén na proba de martelo, onde era 4º con 41'80m; pola súa parte, Carlos Ferrer participaba tamén nas probas de peso e martelo absolutas, conseguindo unhas marcas de 9'74m e 30'69m, respectivamente. [Resultados Pontevedra]

Xa o sábado, Balaídos acollía a VII Xornada II Circuíto Concello de Vigo - Series Municipais, na que David Martínez conseguía a 3ª posición en lanzamento de disco cunha marca de 45'07m. [Resultados Vigo]

Para rematar, comenta-la participación de Míriam Otero no Campionato de España Júnior en Pista ao Aire Libre, que tiña lugar o sábado e o domingo en Granollers. A velocista, que tra-lo parón por culpa dos estudos chegaba sen moitas opcións ao campionato, tomaba parte nos 200ml, onde era 6ª na serie 3 cun tempo de 27"17 (+2'9m/s), obtendo a 19ª posición e non puidendo polo tanto pasar de rolda. [Resultados Granollers]