A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Os nosos atletas despiden a tempada no autonómico de Pontevedra

Como adiantabamos hai uns días, o CGTD de Pontevedra foi a sede elixida para albergar o pasado sábado o Campionato Galego Absoluto en Pista ao Aire Libre, evento que cada ano xunta aos mellores atletas da nosa comunidade na busca do título autonómico. [Resultados Pontevedra]

No tocante aos nosos atletas, a súa actuación foi a seguinte:

  • Demba Sanyang, Medalla de Bronce nos 400 metros lisos, tras entrar terceiro na Final A cun tempo de 51"73 (MMP), mellorando o seu anterior rexistro nunha centésima. Fantástica primeira tempada do atleta, que con esta medalla nos 400ml pon a guinda a un ano no que tamén acadou o título galego xuvenil da distancia en pista cuberta e conseguíu uns meritorios 23º e 15º postos nos Campionatos de España en Pista Cuberta e Aire Libre, respectivamente.
  • Faisal Dauda, que conseguíu tres postos de finalista tras ser 4º en lanzamento de martelo con 42'85m, 5º no lanzamento de peso, proba na que elevou o seu rexistro persoal até os 12'64m (MMP) e 7º en disco con 41'17m. Eses postos súmanse aos xa obtidos polo atleta nos Campionatos Galegos de pista cuberta (7º en peso) e de lanzamentos longos (4º en disco e 6º en martelo), sumando un total de seis postos de finalista autonómicos absolutos, ademais dos catro postos de medalla promesa obtidos entre os campionatos galegos en PC e AL.
  • Javier García, 4º na Final dos 200ml con 22"61 (+1'3m/s), tras clasificarse 2º por postos na Semifinal 3 con 23"35 (-0'2m/s) e 5º na Final dos 100ml con 11"16 (+2'5m/s), logo de entrar 2º na Semifinal 3 con 11"37 (-0'7m/s). Excelente tempada ao aire libre de Javi, que rebaixou as súas marcas en ámbalas dúas probas para deixalas nuns fantásticos 10"91 e 22"07.
  • Carlos Montero, que non tivo o seu mellor día e ficou ás portas do podio na proba do salto con pértega, tras franquea-los 3'92m e facer tres nulos sobre 4'07m. Unha mágoa, pois Carlos chegaba ao evento cunha mellor marca de 4'20m que lle permitían loitar polas medallas e polo Récord do Club (actualmente en 4'21m).
  • Xoán Díaz, 5º na Final do dobre hectómetro cun crono de 23"03 (+1'3m/s), tras entrar por tempos con 23"66 (+0'3m/s) na Semifinal 2. Excelente tempada do atleta ferrolán, que en categoría xuvenil este ano acadaba o bronce galego nos 200ml en PC, os ouros galegos en 100ml e 200ml ao aire libre e remataba nun fantástico 14º posto tanto no nacional de PC coma no de AL.
  • Alex Romero, que como Faisal sumou até tres postos de finalista tras rematar 6º no salto de altura con 1'69m, 7º no lanzamento de peso con 10'28m e 7º tamén no lanzamento de xavelina con 37'42m. Con eses tres resultados, pese a non obter finalmente ningún metal o atleta naronés remata a tempada cun total de oito postos de finalista autonómico absoluto, tras ser en pista cuberta 4º no heptathlon, 4º en altura, 5º en pértega e 6º en 60mv, ademais de finalizar 4º no decathlon ao aire libre.
  • David Martínez, 6º no lanzamento de disco cun mellor intento de 41'92m, proba na que chegaba esta tempada cunha mellor marca de 46'52 metros.
  • Manuela Castro, 6ª na clasificación global dos 400 metros lisos tras entrar 5ª na Final A cun rexistro de 1'02"41. Gran tempada de Manuela que, nesa mesma distancia, conseguíu durante o ano as medallas de bronce e prata autonómicas xuvenís en PC e AL, o Récord do Club en Pista Cuberta (1'00"39) e ademais rematou 31ª e 27ª en ámbolos dous campionatos nacionais xuvenís.
  • Eulogio Cao, que redondeou unha magnífica tempada cun 6º posto na Final dos 400mv, tras acreditar un tempo de 1'01"80, preto da súa mellor marca persoal e actual Récord Galego Veterano M40 (1'01"59).
  • Carlos Ferrer, 8º no lanzamento de martelo con 35'90m, 9º no peso con 9'55m e 10º en disco con 33'80m, demostrando unha vez máis a súa versatilidade nos lanzamentos tras un ano fantástico. O currículo de Carlos esta tempada é espectacular: en categoría M55 se proclamou Campión de España de Pentathlon de Lanzamentos, Subcampión de España en martelo, disco e martelo pesado e 6º de España en peso e xavelina,  mentres que a nivel absoluto logrou tamén a 8ª posición no autonómico de lanzamentos longos en martelo. E todo isto sen entrar nos seus resultados veteranos a nivel autonómico. Parabéns!
  • Evelyn Fernández, 10ª na proba de lanzamento de peso cunha mellor tentativa de 8'34m.
  • Rubén Martínez, que tras comeza-lo concurso de lonxitude con dous nulos, non foi quen de asegurar un terceiro salto acorde co seu estado de forma e rematou con 6'15m (+0'1m/s), clasificándose en 10º lugar. Esta tempada conseguíu unha mellor marca persoal de 6'78 metros, ademais da 5ª posición no autonómico de pista cuberta.
  • Santiago García, que non puido remata-los 5000 metros lisos e se retirou durante a proba.
  • Carlos Morales, que abandonou na proba de 5km marcha. Este ano moito máis centrado nas súas labores de adestrador e responsábel galego da disciplina, o seu adestramento e posta a punto foi menor que en anteriores anos.
  • Alex Novás, que tamén deixou a proba de 5km marcha a falta de varias voltas para rematar. Moi boa tempada tamén de Alex, que foi durante este ano prata xuvenil e 5º absoluto no autonómico de marcha de inverno, prata xuvenil e 4º absoluto no autonómico de marcha en ruta, prata xuvenil no autonómico ao aire libre, 9º no Campionato de España de marcha de inverno de promoción, 10º no nacional de marcha en ruta e 12º no nacional en pista ao aire libre.
  • Iago Pazos, que finalmente non tomou parte na xavelina por molestias no seu cóbado. Recordemos que Iago mellorou amplamente o seu rexistro na xavelina este ano ata deixalo nuns fantásticos 57'40m, ademais de facerse co 4º posto no Galego de Lanzamentos Longos o pasado mes de febreiro.

Parabéns a todos polo campionato e a tempada. Moita sorte aos que teñades todavía algunha proba por diante as vindeiras semanas e o resto... a disfrutar das merecidas vacacións!