A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

O noso equipo masculino, na busca de atletas para 1ª División Nacional

-Club Atletismo Narón

Unha vez rematadas as competicións máis importantes da tempada estival (agás o Mundial de Londres), toca ir pensando na tempada 2017/18 e na configuración dos nosos equipos. Como sabedes, despois dun ano que se antollaba a priori moi complicado, o noso equipo masculino conseguía o Subcampionato de España de Segunda División Nacional o pasado 11 de xuño en Salamanca, polo que o vindeiro ano estará de novo entre os 32 mellores equipos de España.

A pesar de que contaremos coa renovación de prácticamente tódolos atletas do primeiro equipo, dende o club cremos que iso non será suficiente para sacar unha aliñación o suficientemente competitiva, sobre todo nas dúas primeiras xornadas (que se realizan a dous atletas por proba). É por iso que buscamos atletas cos que reforza-lo noso equipo masculino para participar en 1ª División Nacional. Con preferencia por atletas de Galicia (de cara á facilidade dos desprazamentos no autobús do equipo e ás diferentes competicións autonómicas), non fechamo-la porta a ninguén e estudaremos ofertas de atletas de calquera lugar e disciplina atlética.

No que respecta ao noso equipo feminino, o seu obxectivo será un ano máis afianzarse entre os mellores equipos galegos absolutos e intentar mellora-las súas prestacións na Copa Galega de Clubs e no Campionato Galego de Clubs, para o que calquera axuda que poida vir será tamén ben recibida. Ademais, as nosas rapazas levan un par de anos xuntando un estadillo de máis de 10.000 puntos de cara a participar na 2ª División Nacional, polo que se temos algún reforzo e as atletas da casa seguen mellorando, até se pode pensar nunha competición a nivel nacional.

Se estás interesado ou interesada en formar parte do Club Atletismo Narón, podes contactar connosco a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. e solicitar máis información. Animádevos!