Campionato Galego Cadete de PC e Absoluto de 3000ml

O próximo domingo día 12 terá lugar no Pazo de Deportes de A Coruña o Campionato Galego Cadete de Pista Cuberta, ademáis da proba de 3000ml absolutos que quedou pendente do Campionato Galego Absoluto. Nesta última disciplina, o Club Atletismo Afflelou Narón contará coa participación de 4 atletas absolutos: Sergio Piñón e Santiago García competirán na categoría masculina, mentres que Susana Serantes e Eva Teijeiro o farán na sección femenina. Por outro lado, entre os cadetes do equipo estarán presentes en peso María Rodríguez (que vai coa mellor marca das inscritas) e Alba González; Sara Fernández inscribiuse para os saltos de altura, lonxitude e triplo; Inés Vázquez participará nos 600ml; Por último tres atletas do club que aparecen na lista de inscritos como Reservas, pero esperamos que poidan competir: Vanesa Cao (50ml, 50mv e lonxitude), María Abeledo (1000ml) e Dorindo Pérez (3000ml).

Inscritos - Novo Horario