Bolsas para deportistas 2012

 A deputación provincial presenta una convocatoria de bolsas co obxecto de apoiar a práctica e o rendimento deportivo, tanto en relación ao perfecionamento técnico e obtención de maior rendimento nas respectivas modalidades deportivas, como posibilitar a súa participación en eventos deportivos, facilitándolles aos deportistas da provincia o acceso a unha preparación integral axeitada.

 A dotación das bolsas pode ascender ata os 3.000 €, ós cales poden optar tódolos deportistas que practiquen un deporte olímpico, residan na Coruña, teñan entre 14 e 21 anos, estean federados e acrediten un nivel deportivo e teñan unha proxección deportiva de cara ao futuro.

Podedes atopar máis información aquí.