Resultados do Campionato de España Promesa de Pista Cuberta

Unha vez rematado o Campionato de España de Promesa de Pista Cuberta celebrado este fin de semana en Antequera (Málaga), repasamos a actuación dos dous atletas do Club Atletismo Afflelou Narón que asistiron ao campionato: Miguel Ángel Durán, que competía o sábado na proba de lanzamento de peso, chegou ata os 12,91 metros, que lle valeron unha meritoria 6ª praza na Final. Pola súa parte, Samuel Paz rematou 7º na Semifinal 2 dos 60 metros valos cun tempo de 8"80 (lonxe da súa mellor marca persoal de 8"38 conseguida o ano pasado), quedando así fóra da Final.

Gustaríanos salientar tamén a magnífica medalla de bronce conseguida nos 200ml por Rodrigo Avellaneda, atleta do noso filial Club Atletismo Coruña Comarca, cun tempo de 22"29.

Noraboa a todos e a seguir traballando !!

Resultados - Resultados en .PDF