José Martínez: "Este año estoy muy motivado"
- Detalles
- Publicado o Venres, 17 Febreiro 2012 00:07
O pasado mércores 15 de febreiro José Martínez foi entrevistado no programa de radio "Voz Atleta", con Víctor Herrero e Paco Cuadrado, onde o podemos escoitar falar de numerosos temas como o seu tardío inicio no atletismo, a súa recente fichaxe polo Club Atletismo Afflelou Narón, as súas aspiracións para esta tempada, a súa afición a outras actividades deportivas etc. Podedes escoita-la entrevista enteira neste enlace.
Como comentan na entrevista, Pepe foi admitido pola Federación Vasca de Atletismo para participar no "Campeonato de Eskadi Absoluto y Veteranos de Pista Cubierta" na proba de 400 metros lisos, que terá lugar o vindeiro sábado 18 en Donostia. Dende aquí queremos desexarlle moita sorte na competición, e aproveitamos a ocasión para mandarlles ánimo tamén aos atletas que representarán tamén este fin de semana ao Afflelou Narón no "XLVII Campeonato de España de Campo a Través por Clubes" (María Abeledo, Vanesa Cao, Sara Fernández, Sara Guerrero e Inés Vázquez en categoría cadete e Diego Barreiro, Jorge Rodríguez, Daniel Martín, Santiago García e Francisco Díaz [C.A. Coruña Comarca] no de cross curto).







