Resultados Fin de Semana

O pasado venres 17 tiña lugar en Ferrol, nas pistas de A Malata, un Control de Marcas ao que asistiron numerosos atletas do club. Por parte dos homes, os nosos atletas foron: Xoán Díaz 9"19 (MMP) en 60ml; Pedro Osorio 9"21 en 60ml, 22"27 (MMP) en 150ml e 1'30"12 en 500ml; José Pena 7"47 en 60ml (+1,1 m/s) e 24"49 en 200ml (+1,4 m/s); competiron tamén nos 200 ml Eulogio Cao 27"32 (+0,8 m/s, MMP) e Óscar Lorenzo 27"83 (+1,4 m/s, MMP), facendo ambos o seu debut na distancia; Alejandro Romero, 7"84 en 60ml (+1,1 m/s) e 5,53 metros en lonxitude (+1,8 m/s), retirándose novamente lesionado nesta última proba; Dorindo Pérez 1'42"03 (MMP) en 600ml; Sergio Piñón 4'13"54 en 1500ml. Entre as mulleres: Míriam Otero con 8"55 (MMP) en 60ml, 20"65 (MMP) en 150ml e 1'34"65 en 500ml; Irene Mera 9"59 en 60ml e 1'35"69 en 500ml; Carmen Pena 8"50 e Sonia Beceiro 8"79 en 60ml, nunha serie con vento ilegal de +4,3 m/s; Patricia Castro 1'20"69 en 400ml; e por último, na carreira de 1500ml, Sara Jove 5'43"52 (MMP), Susana Serantes 5'50"07 e Ana Fernández 6'51"40 (MMP, no seu debut como atleta do Afflelou Narón) [Resultados Ferrol].

Á parte do control, participaron tamén outros atletas do club fóra de Galicia: José Martínez competía nos 400 metros lisos do Campionato de Eskadi Absoluto de Pista Cuberta, en Donostia, no que cun extraordinario tempo de 50"15 conseguía mellora-la súa mellor marca persoal e deixar unha sensación moi optimista de cara ás competicións ao Aire Libre [Resultados Donostia]. Jorge Berná participaba no Campionato Autonómico Absoluto de Castilla y León de Pista Cuberta, en Valladolid, no que cun salto de 1,86 metros conseguía o sexto posto en altura, facendo tamén mellor marca persoal [Resultados Valladolid]. Por último, Jorge Castaño competía no Campionato de Madrid de Lanzamentos de Inverno (Martelo), en Tajamar, no que no seu primer e único intento válido mandou o artefacto ata uns interesantes 42,68 metros, mellorando 3 metros a súa anterior marca da tempada [Resultados Tajamar].

Noraboa a todos por estes fantásticos resultados!