A web do Atletismo Naron utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí
Política de cookies

Artículos

Dúas Medallas no Campionato Galego de Marcha en Pista!

O pasado domingo 22 as pistas de atletismo do INEF (Bastiagueiro) acollían o Campionato Galego de Marcha en Pista, reunindo aos mellores especialistas autonómicos desta disciplina dende benxamíns ata veteranos. O mellor dos nosos atletas en categoría absoluta foi Emilio Novás, que debutaba con nós cun magnífico 5º posto nos 5km, obtendo a Medalla de Prata en categoría júnior cun tempo de 23'45"54 (MMP, Mínima para o Campionato de España Júnior ao Aire Libre). Acompañándoo nesta distancia estivo Carlos Morales, que tras unhas semanas sen adestrar non forzou a máquina e rematou nunha meritoria 7ª posición (25'29"88).

Na distancia de 3km, un erro na conta das voltas durante a realización da proba impedíu aos xuíces alí presentes toma-los tempos e os postos de forma adecuada. Tras varios días á espera e vendo que o problema non parece solucionarse, comentaremos a participación dos nosos atletas sen entrar en máis detalles: en categoría cadete feminina, Sara Santiago facía un bo labor entrando entre as 6 ou 8 primeiras atletas de entre as case 20 participantes; pola súa parte, Diego López tomaba parte na carreira de homes infantís, entrando tamén en posto de finalista (cremos que en 4ª posición).

Para rematar, Rubén López proclamábase Campión Galego no 1km marcha benxamín masculino na súa primeira incursión nesta disciplina, tras vencer aos seus rivais e rexistrar un tempo de 7'05"1 (MMP). Parabéns! [Resultados Bastiagueiro]