Tres medallas para os nosos en O Pino!
- Detalles
- Publicado o Luns, 10 Abril 2017 16:14
O pasado sábado día 8, o Concello de O Pino (A Coruña) acollía a I Milla Nocturna CD Vagalume Energía, competición que se aproveitaba para alberga-lo Campionato Galego de Milla en Ruta, até onde se desprazaron tres dos nosos atletas. O primeiro deles, Martín Regueira, rematou nunha fantástica 3ª posición en categoría absoluta, conseguindo polo tanto a Medalla de Bronce, tras realizar un tempo de 4'42", cedendo tan só por un segundo no sprint final aos atletas do CA Santiago Alberto Chaves e Fernando Vales. Pola súa parte, Rebeca Soto proclamouse Subcampiona Galega veterana W40, completando os 1609 metros do percorrido nun tempo de 6'17".
A cita aproveitouse tamén para disputa-los Campionatos Galegos de 1km das categorías Cadete, Infantil, Alevín e Benxamín, conseguindo nesta última categoría Alba Pena a vitoria cun tempo de 4'00", proclamándose polo tanto Campiona Galega. Parabéns! [Resultados O Pino]
Resultados: Bastiagueiro, Vigo, A Coruña, Mugardos e Ferrol
- Detalles
- Publicado o Domingo, 09 Abril 2017 21:11
Comezamos repasando os resultados da semana pasada coa participación dos nosos atletas no I Trofeo ONCE Arceclima, celebrado o venres 31 nas Pistas de Atletismo do INEF, en Bastiagueiro:
- 100ml: Xoán Díaz, 11"53 (+0'3m/s, MMP); Christian Peña, 13"03 (+0'0m/s, MMP); Xela González, 13"70 (-0'6m/s); Sofía Crego, 13"74 (-0'6m/s, MMP); e Lucía Heras, 14"54 (-0'6m/s).
- 400ml: Demba Sanyang, 52"72; e Manuela Castro, 1'01"09.
- 500ml: Laura Rodríguez, 1'34"20; Marta Ventura, 1'35"59 (MMP); Gael Varela, 1'40"69 (MMP); Roi Díaz, 1'43"25; Antía Arnoso, 1'43"50 (MMP); Alba Pena, 1'48"11 (MMP); Noa Ardao, 2'02"36 (MMP); e Paula Mouzo, 2'08"06 (MMP).
- 800ml: Eva Castro, 2'27"12; e Rebeca Soto, 2'49"03 (MMP).
- 100mv [0'762m]: Andrea Lago, 17"77 (-0'5m/s).
- 3km Marcha: Carlos Morales, 15'24"93.
- Xavelina [400g]: Nerea Freire, 11'12m (MMP).
- Xavelina [500g]: Evelyn Fernández, 18'73m (MMP); Roi Díaz, 9'39m (MMP).
- Xavelina [600g]: Irene Fernández, 10'42m (MMP).
- Xavelina [800g]: Enrique Ventura, 26'66m (MMP). [Resultados Bastiagueiro]
O sábado 1 tiña lugar en Balaídos unha das citas máis emblemáticas do atletismo autonómico no XXX Reconquista - Trofeo Antonio Fernández, onde o local Rubén Martínez realizaba unhas boas actuacións nos 100ml con 11"66 (+4'3m/s) e sobre todo no salto de lonxitude, onde remataba cun mellor intento de 6'58m (+0'5m/s). [Resultados Vigo]
O mesmo sábado A Coruña acollía a VII Carreira Popular Torre de Hércules - Trofeo José Antonio Varela Calviño, onde estiveron varios dos nosos atletas. Na carreira absoluta, que contaba cun percorrido de 6675 metros, estiveron Rebeca Soto (13ª, 30'41") e Cosme Souto (271º, 31'21"). En categorías menores, Sergio Soto foi 2º nos 1600m cadetes con 5'46"; Marta Ventura, 3ª nos 800m alevíns con 2'54"; e entre as benxamíns, tamén sobre 800 metros, Alba Pena, Antía Arnoso e Noa Souto foron 2ª, 3ª e 6ª con 3'06", 3'10" e 3'18", respectivamente. [Resultados A Coruña]
Na noite do sábado celebrábase a I Milla Nocturna Concello de Mugardos, onde Eva Castro volvía a demostrar o seu bo estado de forma tras o 800ml do venres e protagonizaba unha gran carreira, conseguindo a victoria final nos 1609 metros totais cun tempo de 6'01". Nesa mesma distancia, na carreira cadete-xuvenil-júnior tomaba parte Roi Polo, acadando unha fantástica 2ª posición (1º cadete) con 5'46". Participou tamén o alevín Borja López sobre unha distancia de 800m, conseguindo a 3ª posición entre os nenos con 3'05". [Resultados Mugardos]
Para rematar, e volvendo ao atletismo en pista, o domingo en A Malata chegaba o turno dos pequenos na I Fase Escolar Infantil en Pista - XOGADE. A súa actuación foi a seguinte:
- 80ml: Adrián López, 12"08 (+0'0m/s, MMP); Sabela López, 12"36 (+0'0m/s, MMP); Lara Mª Chao, 12"40 (-0'5m/s, MMP); Valeria Filgueira, 12"82 (-0'4m/s, MMP); Eloi Tre, 13"08 (+0'0m/s, MMP); Daniela García, 13"39 (+0'4m/s, MMP); Nuria Blanco, 13"74 (-0'2m/s, MMP); e Óscar Puente, 14"69 (+0'0m/s).
- 150ml: Laura Rodríguez, 22"39 (+0'0m/s, MMP); Sabela López, 23"73 (+0'0m/s, MMP); Daniela García, 24"83 (+0'2m/s, MMP); Eloi Tre, 24"95 (+1'9m/s, MMP); Óscar Puente, 25"07 (+1'6m/s, MMP); e Nuria Blanco, 26"07 (+1'4m/s, MMP).
- 500ml: Laura Rodríguez, 1'35"65; Adrián López, 1'39"14; e Valeria Filgueira, 1'48"86.
- 1000ml: Sergio Soto, 3'24"43 (MMP);
- 80mv [0'762m]: María Heras, 15"45 (+0'0m/s, MMP); e Nerea Freire, 17"24 (+0'0m/s, MMP).
- 220mv [0'762m]: María Heras, 36"84 (MMP).
- Altura: Laura Rodríguez, 1'19m (MMP); e Diego López, 1'13m (MMP).
- Lonxitude: Adrián López, 3'50m (+1'0m/s, MMP); Sabela López, 3'39m (-0'7m/s, MMP); Lara Mª Chao, 3'31m (-0'9m/s, MMP); Eloi Tre, 3'27m (-0'4m/s); Óscar Puente, 3'25m (-0'4m/s, MMP); e Valeria Filgueira, 2'90m (+0'9m/s).
- Triplo: María Heras, 8'65m (+0'2m/s); e Nerea Freire, 8'60m (+0'0m/s, MMP).
- Xavelina [400g]: Nerea Freire, 11'95m (MMP).
- Xavelina [500g]: Javier Rodríguez, 17'75m (MMP);
- Peso [3kg]: Javier Rodríguez, 8'35m (MMP);
- Tetrathlon: no que tomou parte Roi Díaz, que volveu á casa con cinco novas marcas persoais tras lograr uns parciais de 12"53 (+0'0m/s, MMP) nos 80ml, 3'72m (+1'7m/s, MMP) no salto de lonxitude, un mellor lanzamento de 5'14m (MMP) no Peso [3kg] e 18"73 (+0'3m/s) nos 80mv [0'838m, MMP], sumando un total de 672 puntos (MMP). [Resultados Ferrol]
Resultados: Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vimianzo
- Detalles
- Publicado o Mércores, 05 Abril 2017 20:50
O pasado sábado 25 de marzo, aproveitando a celebración en Ourense do Trofeo Aurum - Campionato Provincial de 10.000 metros, tiñan lugar os Campionatos Galegos de 10.000 metros e Milla en Ruta. No primeiro deles a nosa atleta Eva Teijeiro acadaba unha fantástica Medalla de Bronce absoluta, tras finaliza-la proba en 50'47"43. Parabéns, Eva! [Resultados Ourense]
Tamén o sábado, as Pistas de Atletismo do CGTD acollían a II Xornada Circuito de Atletismo en Pista de Pontevedra, onde tomaron parte varios dos nosos atletas: o promesa Elvis Rondón corría os 150ml en 17"65 (+0'1m/s); Esteban Martínez paraba o crono nos 1000 metros lisos en 2'55"61 (MMP); Iago Pazos acadaba unha nova marca persoal no lanzamento de xavelina cun rexistro de 54'05m (MMP); e Carlos Ferrer, que enviaba o peso de 6kg até os 10'92m. [Resultados Pontevedra]
Xa o domingo 26, celebrábase nas pistas de A Malata a I Fase Escolar Alevín e Benxamín en Pista - XOGADE, onde os nosos nenos e nenas asinaron as seguintes actuacións:
BENXAMÍNS:
- 50ml: André Ordiales, 3º con 8"97; Antía Arnoso, 4ª con 9"26; Marta Lamas, 6ª con 9"28 (MMP); Noa Romero, 7ª con 9"31; Alba Pena, 8ª con 9"37 (MMP); Paula Mouzo, 10ª con 9"46 (MMP); María Mera, 21ª con 10"08; Noa Ardao, 22ª 10"20 (MMP); e Iago Álvarez, 44º con 10"26 (MMP).
- 500ml: Nadia Brañas, 1ª con 1'48"99; Antía Arnoso, 2ª con 1'55"18; André Ordiales, 9º con 1'57"50; Noa Souto, 7ª con 2'00"09; Sofía Castro, 13ª con 2'06"90; María Mera, 14ª con 2'10"87; e Iago Álvarez, 17º con 2'09"02 (MMP).
- 1000ml: Alba Pena, 1º con 4'04"20; e Noa Ardao, 4ª con 4'33"71.
- 1km Marcha: Rubén López, 1º con 6'19"42.
- Lonxitude: Noa Souto, 1ª con 2'93m; Marta Lamas, 5ª con 2'54m.
- Altura: Rubén López, 5º con 0'90m (MMP).
- Peso (1kg): Noa Romero, 8ª con 4'23m.
ALEVÍNS:
- 60ml: Marta Ventura, 1ª con 9"63 (MMP); Irene Vázquez, 13ª con 10"83; Silvia López, 16ª con 10"85 (MMP); Juan Daniel Grandal, 21º con 10"86 (MMP); e Ángel García, 33º con 11"42.
- 1000ml: Marta Ventura, 2ª con 3'51"69 (MMP).
- Lonxitude: Irene Vázquez, 3ª con 2'81m (=MMP); Erika Fernández, 14ª con 2'34m (MMP).
- Peso (2kg): Ángel García, 2º con 6'21m; Juan Daniel Grandal, 4º con 5'71m; Erika Fernández, 3ª con 5'24m (MMP); Xoel González, 7º con 4'92m (MMP); e Silvia López, 10ª con 3'58m. [Resultados Ferrol]
Por último, o mesmo domingo tiña lugar a VII Carreira Pedestre Concello de Vimianzo, na que Martín Regueira se facía coa victoria na distancia de 3km, tres para-lo crono nun rexistro de 9'18". [Resultados Vimianzo]
Dúas medallas para os máis pequenos en Riazor!
- Detalles
- Publicado o Domingo, 26 Marzo 2017 21:47
O pasado sábado 18 estaban en xogo no Pazo dos Deportes de Riazor as últimas medallas autonómicas baixo teito coa celebración do Campionato Galego Benxamín, Alevín e Infantil en Pista Cuberta. Até alí se desprazaron varios dos nosos atletas máis pequenos, conseguindo unha bagaxe de 2 medallas, 9 postos de finalista e un total de 15 marcas persoais do total de 18 participacións que realizaron. Sensacional! [Resultados A Coruña]
A actuación dos nosos atletas foi a seguinte:
INFANTÍS:
- María Heras, 4ª na Final de triplo salto cunha mellor tentativa de 8'81m (MMP) e 3ª na Semifinal 2 dos 50mv con 9"62 (MMP).
- Javier Rodríguez, 6º na Final de lanzamento de peso (3kg) cunha fantástica marca de 8'33m (MMP).
- Nerea Freire, 7ª na Final de triplo salto cun mellor intento de 8'17m (MMP) e 4ª na Final B (10ª na clasificación global) dos 1000ml con 3'42"53 (MMP).
- Laura Rodríguez, 4ª na Final B (11ª no global) dos 1000ml con 3'43"99 (MMP).
- Jaime Pena, 2º na Semifinal 2 dos 50ml con 7"48 (MMP).
- Roi Díaz, 5º na Semifinal 3 dos 50mv con 10"86 (MMP).
ALEVÍNS:
- Marta Ventura, 6ª na Final A (sexta tamén no cómputo global) dos 500ml, cun tempo de 1'40"46 (MMP).
BENXAMÍNS:
- Noa Souto, Subcampiona Galega de salto de lonxitude cun mellor intento de 3'24m, sendo tamén 3ª na Semifinal 3 dos 50ml con 8"80 (MMP).
- Nadia Brañas, 3ª na Final A e Medalla de Bronce nos 1000ml cun rexistro de 3'51"41 (MMP), ademais dunha meritoria 5ª posición na Final de salto de altura con 0'95m (MMP).
- Alba Pena, 4ª na Final A (e cuarta tamén na clasificación xeral) con 3'52"17 (MMP).
- Noa Romero, 7ª na Final de lanzamento de peso (1kg) cunha mellor tentativa de 4'77m.
- Rubén López, 4º na Final B dos 1000ml (12º no global) con 4'10"88 (MMP).
- André Ordiales, 3º na Semifinal 2 dos 50ml con 8"63 (MMP).
- Antía Arnoso, 6ª na Semifinal 1 dos 50ml con 9"13 e 8ª na Final A (13ª na xeral) dos 1000ml con 4'18"64.
Deixando de lado o atletismo en pista, o domingo 19 tiña lugar a XXVII Carreira Pedestre de San Xosé - II Corre por Elas en As Pontes, onde tivemos varios representantes:
Na proba absoluta, que contaba cun percorrido de 6'1km, Andrés García entraba 55º e Jesús Ardao 56ª, ámbolos dous cun tempo de 27'42", mentres que no apartado feminino Rebeca Soto entraba 9ª con 27'54" e Irene Fernández 52ª con 39'21". Na carreira de categoría benxamín, sobre un circuíto de 400 metros, Alba Pena foi 2ª e Noa Ardao 3ª cuns tempos de 1'24" e 1'30", respectivamente. [Resultados As Pontes]
Roberto Tuimil, Medalla de Bronce no Campionato de España
- Detalles
- Publicado o Domingo, 12 Marzo 2017 16:33
Nesta época de Marzo, os nosos atletas atópanse xa participando nas derradeiras probas baixo teito deste ano, como foi o caso este fin de semana de Roberto Tuimil no Campionato de España Veterano en Pista Cuberta (Madrid) ou de Xoán, Manuela e Demba no Campionato de España Xuvenil en Pista Cuberta (Sabadell).
O primeiro deles, Roberto, tomaba parte na tarde do sábado 11 en Gallur na Final dos 60 metros valos en categoría M40 (0'991m), obtendo a súa mellor marca da tempada con 9"70 e conseguindo a Medalla de Bronce no campionato. Aproveitando a ocasión tomou parte tamén nos 60 metros lisos, onde entrou 6º na Semifinal 1 cun tempo de 8"31, non conseguindo o pase para a Final. Parabéns por esa medalla, capitán! [Resultados Madrid]
En canto ao Campionato de España Xuvenil en Pista Cuberta, temos que destacar a gran actuación de Xoán Díaz, que foi segundo na súa eliminatoria de 200 metros lisos cun tempo de 22"91 (MMP), mellorando incluso a súa mellor marca persoal ao aire libre a pesar de correr pola rúa 3. Desgraciadamente, tan só pasaban 12 atletas a semifinais e non conseguíu pasar da 14ª posición. Pola súa parte, Demba Sanyang remataba os 400ml en 5ª posición na Semifinal 3, non sendo suficientes o seu rexistro de 52"53 para pasar por tempos. Tampouco tivo o seu mellor día Manuela Castro nas dúas voltas a pista, onde entraba 5ª na súa serie con 1'02"56, non entrando a unha final que estaba moi cara (tan só entraba a primeira clasificada de cada serie). [Resultado Sabadell]
Marta Ventura, entre as mellores alevíns de Galicia
- Detalles
- Publicado o Domingo, 12 Marzo 2017 16:33
Onte sábado día 11, a localidade lucense de Vilalba acollía o Campionato Galego Escolar XOGADE de Campo a Través, onde a nosa alevín Marta Ventura acadaba unha boa 17ª posición entre as participantes da súa categoría, empregando un tempo de 6'45" en completa-los 1'4km do percorrido. A seguir así, Marta! [Resultados Vilalba]