Unha despedida de ano coas zapatillas postas
- Detalles
- Publicado o Mércores, 04 Xaneiro 2017 14:03
Cada tempada, chega o día de Fin de Ano e numerosas localidades celebran as súas particulares San Silvestres, acollendo a miles de atletas que queren despedi-lo ano da mellor forma posíbel: facendo deporte e pasando un bo rato cos seus amigos e familiares. Os nosos atletas continuaron coa tradición e estiveron presentes en varias competicións ao longo do panorama autonómico.
A primeira delas tivo lugar o venres 30 en Fene coa celebración da IV San Silvestre Fene 2016, onde os nosos realizaron a seguinte actuación: Na carreira absoluta, de 3'8km de distancia, o mellor foi Santiago García, 2º con 11'54"; o seguiron Irene Mera 60ª (5ª no apartado feminino), 15'57"; Rebeca Soto 68ª, 16'16"; Manuela Castro 70ª, 16'22"; Álvaro Ordiales 71º, 16'26"; e Irene Fernández 173ª, 19'17". Na carreira de categorías menores, sobre un percorrido de 1'2km, remataron Marta Ventura 2ª, 3'43"; María Heras 3ª, 3'46"; Alba Pena 4ª, 3'49"; Roi Díaz 7º, 3'57"; Antía Arnoso 6ª, 4'05"; André Ordiales 16º, 4'21"; Noa Ardao, 11ª, 4'22"; e Juan Daniel Grandal 18º, 4'54". [Resultados Fene]
Na mañá do sábado 31 tiña lugar a XII Carreira de Fin de ano 2016 Ares-Mugardos, carreira de 10'7km que nesta edición comezaba o seu percorrido en Ares. Participaron tres dos nosos atletas: Irene Mera, 183ª con 49'45"; Pedro Abeledo, 330º con 56'31"; e Eva Teijeiro, 331ª con 56'31". [Resultados Ares]
Xa pola tarde, As Pontes acollía a VI San Silvestre Pontesa 2016, cuxa clasificación tan só recolle aos tres primeiros clasificados en cada categoría. Entre eles atópase Noa Souto, que acadou a victoria entre as benxamíns. [Resultados As Pontes]
A mesma tarde do sábado celebrábase a VII San Silvestre Coruña 2016 onde nunha distancia de 6040 metros e entre máis de 3000 participantes, Rebeca Soto rematou na 406ª posición cun tempo de 27'39", sendo 26ª no apartado feminino e 11ª da súa categoría. [Resultados A Coruña]
Xa para rematar, aínda que non temos todavía resultados oficiais, podemos confirma-la victoria un ano máis de Martín Regueira na Milla San Silvestre de Baio, conseguindo ademais de paso mellora-lo seu propio récord da proba cun tempo de 4'47". Parabéns!
Últimas Novas: Falece O Apalpador
- Detalles
- Publicado o Mércores, 28 Decembro 2016 09:27
Hoxe é un día triste para Galiza, e máis concretamente para Narón, xa que vivimos o episodio de primeira man: O Apalpador non o conseguíu e pereceu finalmente a pasada noite tras pasar 3 días no Área de Anestesioloxía e Reanimación - UCI do Arquitecto Marcide.
Todo comezou a noite do sábado 24 ao domingo 25, cando O Apalpador, máis coñecido na zona como Pelizorza, levaba a cabo a súa anual visita aos nenos da bisbarra para tocarlles o ventre e comprobar que comeron ben durante todo o ano. Como sabedes, aos nenos que considera mal alimentados déixalles unhas castañas para que teñan algo que levarse á boca. O caso é que, nun despiste, debido probabelmente á súa estatura, o noso Presidente Álvaro foi tomado por un neno e Pelizorza tocoulle o bandullo. Crasa ignorancia pola súa parte e fatal erro: a castaña levouna él, unha moufada propia do mismísimo Bud Spencer, que o espetou contra a mesiña de noite e o deixou boneco. O noso presidente non quixo saber máis do asunto e moveu o corpo até os xardíns situados baixo a Autopista en Freixeiro, onde horas máis tarde o atopou un veciño, que alertou ás autoridades.
Antes de entrar definitivamente en coma o pasado luns a media tarde, Pelizorza espertou o tempo suficiente para declarar ante a Policía e comenta-lo sucedido. Por fortuna, a fiscalía entendeu que o feroz ataque de Álvaro non foi máis que un golpe fortuíto provocado por un despertar alterado pola presenza dun extraño na súa casa, e foi posto en liberdade. O que sí condenaron foi a súa decisión de non alertar no momento do accidente e move-lo corpo para despreocuparse, polo que o vindeiro día 31, Álvaro deberá realiza-lo labor do Apalpador ata que atopen un sustituto axeitado. [Acta Xudicial]
Resultados: I Xornada Coruña Corre, Bastiagueiro
- Detalles
- Publicado o Martes, 27 Decembro 2016 11:50
Nestas datas do Nadal, a coincidencia dos días 24 e 25 en sábado e domingo deixounos un fin de semana sen case competicións atléticas, tendo como única proba a I Xornada da V Edición Coruña Corre en Pista, celebrada o venres 23 nas pistas do INEF en Bastiagueiro. Até alí se achegaron algúns dos nosos atletas, que volveron para a casa coas seguintes marcas:
- 60ml: Paula López, 8"28 (+1'4m/s, MMP); Manuela Castro, 8"36 (+1'4m/s); Xela González, 8"70 (+0'5m/s); e Lucía Heras, 8"78 (+0'5m/s, MMP).
- 200ml: Paula López, 27"73 (-1'1m/s); Inés Doce, 29"63 (-0'4m/s); Evelyn Fernández, 31"53 (-0'7m/s); e Demba Sanyang, que correu na Final B, serie na que houbo un erro na videofinish.
- 500ml: María Heras, 1'31"95.
- Peso (3kg): Evelyn Fernández, 8'63m. [Resultados Bastiagueiro]
Resultados Fin de Semana: Ferrol e Lugo
- Detalles
- Publicado o Martes, 20 Decembro 2016 12:27
O pasado fin de semana foron dúas as frontes atléticas nas que tomaron parte os nosos deportistas. Por un lado, o sábado en xornada de mañá celebrábase a II Xornada do Circuíto Ferrolán - Zonal XOGADE Cross en A Malata, onde realizaron as seguintes actuacións por categorías:
- Cadetes: Felipe Castro, 12º con 17'48"; e Pablo Freire, 13º con 18'47". No apartado feminino, Sara Santiago, 10ª con 10'24".
- Infantís: Sergio Soto, 8º con 8'39"; Roi díaz, 10º con 9'00"; e Adrián López, 12º con 9'45". Entre as mulleres, María Heras, 6ª con 6'15"; Carlota Teijeiro, 7ª con 6'16"; Laura Rodríguez, 9ª con 6'17"; e Nerea Freire, 10ª con 6'19".
- Alevíns: Juan Daniel Grandal, 32º con 7'33". En categoría feminina, Marta Ventura, 6ª con 4'19"; Irene Vñazquez, 9ª con 4'28"; Gisela Navarro, 29ª con 5'16"; e Silvia López, 30ª con 5'19".
- Benxamíns: André Ordiales, 3º con 3'14"; e Rubén López, 5º con 3'23"; Entre as rapazas, unha nova gran actuación de todas, con Nadia Brañas, 1ª con 3'10"; Alba Pena, 2ª con 3'13"; Noa Souto, 3ª con 3'23"; Marta Lamas, 5ª con 3'26"; Noa Ardao, 7ª con 3'31"; María Mera, 8ª con 3'36"; Antía Arnoso, 12ª con 3'46"; e Sofía Castro, 13ª con 3'47". [Resultados Ferrol]
Xa na tarde do sábado, o Módulo Gregorio Pérez Rivera de Lugo acollía o II Trofeo Nadal Verxel Indoor, obtendo os nosos atletas os seguintes resultados:
- 60ml: Xoán Díaz, 7"61; Sergio Vilariño, 7"73 (MMP); Demba Sanyang, 7"81; Manuela Castro, 8"25 en series (MMP) e 8"28 na final; Míriam Otero, 8"35 en series e 8"28 na final; Paula López, 8"40; Roberto Tuimil, 8"51; Sofía Crego, 8"56 (MMP); Xela González, 8"65 (MMP); Lucía Permuy, 8"80; Lucía Heras, 8"87; e Evelyn Fernández, 9"14.
- 60mv (0'991m): Roberto Tuimil, 9"94.
- 60mv (0'762m): Lucía Heras, 11"30.
- Lonxitude: Alex Romero, 5'37m; Demba Sanyang, 5'23m (MMP); Esteban Martínez, 4'91m (MMP); Felipe Castro, 4'60m (MMP); Evelyn Fernández, 4'00m; e Lucía Permuy, 3'95m.
- Altura: Alex Romero, 1'68m; e Esteban Martínez, 1'37m. [Resultados Lugo]
Os máis pequenos regresan ao Campo a Través
- Detalles
- Publicado o Luns, 12 Decembro 2016 14:04
Aínda que o tempo e as inclemencias meteorolóxicas parecen non percatarse, estamos en plena tempada invernal e polo tanto as probas de pista cuberta e de campo a través están á orde do día. E foi precisamente campo a través o que tiveron que afrontar por segunda vez nesta tempada os máis pequenos do club, coa celebración da Fase Intercomarcal do Cross Circuíto Ferrolán - Programa XOGADE no pinar de As Cabazas.
Saída da carreira alevín feminina coas nosas atletas. De esquerda a dereita: Lucía, Gisela, Irene, Marta e Silvia.
Os nosos atletas acadaron os seguintes resultados:
- Cadete: Pablo Freire, 4º con 13'24"; e Sara Santiago, 10ª con 6'43".
- Infantil: Sergio Soto, 6º con 5'56"; Roi Díaz, 9º con 6'08"; e Adrián López, 12º con 7'01". Entre as mulleres, Nerea Freire, 4ª con 6'59"; Laura Rodríguez, 5ª con 7'08"; María Heras, 6ª con 7'09"; e Valeria Filgueira, 13ª con 7'32".
- Alevín: Juan Daniel Grandal, 17º con 9'09". No apartado feminino, Marta Ventura, 4ª con 4'54"; Irene Vázquez, 7ª con 5'13"; Lucía Pena, 8ª con 5'17"; Gisela Navarro, 18ª con 5'49"; e Silvia López, 23ª con 6'33".
- Benxamín: André Ordiales, 3º con 3'29"; e Rubén López, 4º con 3'34". Coma sempre, este ano as rapazas benxamíns ofreceron un gran espectáculo con Nadia Brañas, 1ª con 3'26"; Alba Pena, 2ª con 3'27"; Antía Arnoso, 3ª con 3'30"; Noa Souto, 5ª con 3'43"; Noa Ardao, 7ª con 3'46"; María Mera, 10ª con 4'00"; Paula Mouzo, 12ª con 4'05"; Alicia Pena, 13ª con 4'082; e Noa Romero, 15ª con 4'14".
Parabéns a todos e todas polos postos acadados! [Resultados As Cabazas]
Álex Novás, 9º en Murcia!
- Detalles
- Publicado o Luns, 12 Decembro 2016 13:34
Onte domingo tiña lugar en Cehegín (Murcia) o "VI Campeonato de España de Marcha de Invierno de Promoción", que como cada ano contou coa presenza dun amplo grupo de atletas vinculados á Escola Galega de Marcha. Entre os presentes estivo unha das novas caras do Club Atletismo Narón este ano, Álex Novás, que despois de facerse coa medalla de prata no Campionato Galego hai uns días, regresa de Murcia cunha magnífica 9ª posición en categoría xuvenil. O atleta, que todavía comeza o seu primeiro ano na categoría, rematou a proba en pista nun tempo de 23'39"01, a escasos trinta segundos da súa mellor marca persoal. Parabéns! [Resultados Murcia]